Curso sobre DEPORTE INCLUSIVO
Informámoslles da 2ª xornada formativa gratuíta sobre deporte inclusivo titulada, “Inclusión no deporte. O papel das federacións deportivas”, organizada pola Secretaría Xeral para Deporte, e que se desenvolverá os días 3, 7, 14 e 24 de novembro (20 h.), sendo tres días presenciais e un en liña.
A formación vai dirixida a persoal vinculado coa federación: persoal directivo, técnico, xuíces/as, deportistas e calquera outro asociado ao voso deporte.
Nesta ocasión tentamos que o perfil dos poñentes elixidos para impartir as xornadas tivera un carácter eminentemente práctico, para dar continuidade ás xornadas anteriores, que quizais se centraron moito máis en conceptos teóricos. En especial, contaremos coa colaboración de Iago Menduiña, Carmen Ocete e un interesante cadro de expertos que exporán dunha forma clara a realidade imparable da inclusión no deporte.
Entre outros obxectivos, tentarase que o alumno coñeza os conceptos chave relacionados coa inclusión no deporte, experiencias de proxectos actuais e vías de inclusión, así como fomentar a súa integración nas federacións deportivas.
A información sobre como inscribirse, contacto e programa, achégase no díptico axunto.
Entendemos que o curso pode ser de gran interese para a vosa federación, e consideramos imprescindible que alguén do voso eido ou contexto federativo asista a esta formación.
Xa que as prazas son limitadas, inicialmente permitirase ata un máximo de dúas persoas por federación.
Confiamos sexa do voso interese e pegamos encarecidamente contar coa asistencia de alguén da vosa federación.
Un saúdo.