V TROFEO NADAL – REDE AXUDA
ORGANIZADOR
Club Escola Hungaresa de Esgrima – Pontevedra.
Responsables: Adrián Cubela / Carmen Morillo.
INSCRIPCIÓN NO TORNEO
A inscripción previa é requisito imprescindible para poder participar.
Prazo de inscripción: Dende o martes 1 ata o martes 15 de decembro de 2015 ás 20:00h.
Modo de inscripción: Enviando un e-mail á F.G.E. cos datos d@s tiradores/as (nome completo, clube e categoría), e o ingreso do importe das inscripcións (5 € por tirador).
INFORMACIÓN DO TORNEO
OPERACIÓN KILO
A Escola Hungaresa de Esgrima-Pontevedra pon en marcha a OPERACIÓN KILO de NADAL, onde solicitamos a todos os tiradores e familiares que aporten PRODUCTOS ALIMENTICIOS NON PERECEDEIROS (legumes, pastas, aceite, conservas, leite, chocolate, tomate frito…), XOGUETES SEN ESTREAR e ROUPA, que irán destinados ás ONG integrantes da REDEAXUDA Pontevedra.
As doacións serán recollidas entre os días 1 e 18 de decembro na sala do clube e os días 19 e 20 no polideportivo do torneo, onde haberá caixas para poder depositalas.
¡GRAZAS POLA TÚA SOLIDARIEDADE!
LUGAR DE CELEBRACIÓN
O torneo celebrarase no POLIDEPORTIVO DO COLEXIO LOS SAUCES, situado na estrada de Campañó a Cabaleiro s/n, en PONTEVEDRA.
COORDENADAS GPS: 42º 27’ 25.77” N 8º 39’ 25.00” O