Recordatorio: Campionato de Galicia de Sabre M-9 a M-15 – 24 de maio en Pontevedra
¡Atención clubs e familias! Este sábado, 24 de maio de 2025, celebrarase o Campionato de Galicia de Sabre M-13 / M-15 e o Criterium Galego de Sabre M-9 / M-11 na cidade de Pontevedra.
📍 Lugar: Sala de Esgrima X11 – Rúa Luís Braille nº 40, Pontevedra
🕘 Apertura da instalación: 09:15 h
🔹 Horarios por categorías:
| Categoría | Arma | Chamada | Scratch | Inicio |
|---|---|---|---|---|
| M-9 / M-13 | Sabre Mixto | 09:30 h | 09:45 h | 10:00 h |
| M-11 / M-15 | Sabre Mixto, Masculino e Feminino | 12:00 h | 12:15 h | 12:30 h |
📌 Recordatorio importante:
As inscricións están abertas do 5 ao 15 de maio e deben enviarse por correo electrónico a:
📧 info@esgrimapontevedra.com e inscripciones@fgesgrima.org
xunto coa plantilla Excel cuberta e o xustificante de pagamento (5 € inscrición + 15 € arbitraxe se corresponde) ó número de conta:
💳 IBAN: ES75 2080 5480 9030 0013 6533 (ABANCA)
Descarga o pdf con todo aquí
Non perdas esta gran cita da esgrima galega! 💥



