Exito no Campionato de España de Esgrima Infantil
A pasada fin de semana celebrouse en Galapagar (Madrid) o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ESGRIMA INFANTIL 2021.
A Escola Hungaresa participou con seis sabristas e dous equipos. No sabre masculino individual participaron André Martín, Juan Ocampo e Samuel Ogando. Os tres superaron a fase de grupos inicial en 11ª, 24ª e 34ª posición respectivamente. André Martín pasou exento o cadro de 64 tiradores mentres que os seus compañeiros, Juan Ocampo e Samuel Ogando tiveron que desputar un asalto nese taboleiro.
Ocampo venceu por 15 tocados a 6 ao madrileño Montesinos e Ogando fixo o propio fronte ao madrileño Munro por 15 tocados a 11. Clasificados todos para o cadro de 32 tiradores, ningún dos tres representantes locais logrou pasar desta fase, onde caeron eliminados do torneo, finalizando André Martín en 18ª posición, Juan Ocampo en 24ª posición e Samuel Ogando en 32ª posición.
No sabre feminino individual participaron, pola Escola Hungaresa, Pilar Garnelo e Ángela Nogueira. Garnelo fixo un pleno de vitorias na fase de grupos, con so tres tocados na contra, clasificándose para a fase de eliminación directa co número 1 do torneo, mentres que Nogueira acadaba dúas vitorias que lle daban o pase na 19ª posición.
Garnelo pasou exenta o cadro de 32 tiradoras mentres que Nogueira caeu eliminada ante a madrileña Solera por 15 tocados a 5, rematando a proba na 20ª praza. Na seguinte rolda Pilar Garnelo venceu cómodamente á madrileña Valeria Verde, por 15 tocados a 8. Xa metida na Final de 8 tiradoras, Pilar Garnelo enfrontouse á catalana Elia Obón, impoñéndose por un cómodo 15-5, e garantindo o acceso ao podio.
Na semifinal, Garnelo perdeu o asalto ante a madrileña Medina por 15 tocados a 8, acadando así a medalla de bronce no seu derradeiro ano na categoría infantil e rematando a tempada como segunda do ranking nacional. Celebrouse tamén o Campionato de España por equipos, onde o conxunto feminino da Escola Hungaresa partía co número 1 do ranking nacional, co conxunto formado por Pilar Garnelo, Ángela Nogueira e Inés Silva. O equipo pasou exento a primeira rolda do cadro de 8 equipos, accedendo á semifinal, que lles enfrontaría ao conxunto da Sala de Armas de Madrid.
As sabristas lerezanas impuxéronse con comodidade por 45 tocados a 26, acadando o pase á final e á loita polo título nacional, fronte ao equipo do Club de Esgrima Barajas. O asalto transcorreu moi igualado, cun constante intercambio de superioridade no marcador, ata igualarse a 25 tocados.
A partires de aí, o equipo de Pontevedra deu un recital de sabre ao equipo madrileño, impoñendose con claridade por 45 tocados a 31 e proclamándose campioas de España por equipos 2021.
As galegas
O conxunto lerezano dominou o encontro dende o principio rematando cunha incontestable vitoria por 45 tocados a 21. Trátase do primeiro título nacional por equipos para a Escola Hungaresa, que sempre gañara medallas de prata e bronce con anteriores conxuntos masculinos e femininos, o que marca un novo fito no club e na esgrima local.