Xosé Piñeiro, ás portas de Tokio
O mestre de esgrima compostelano Xosé Piñeiro adestra en Valladolid a Begoña Garrido. A falla de confirmación oficial pola IWASF, a deportista bilbaína está cualificada para os Xogos Paralímpicos de Tokio. Hai xa case catro anos que Xosé Piñeiro incorporouse como adestrador ao Valladolid Club de
Esgrima e comezou a adestrar a Begoña Garrido e afrontar xunto a ela o longo periplo olímpico.
Xosé Piñeiro é un histórico da esgrima galega, e o principal difusor da esgrima deportiva en Compostela. Nos últimos anos especializouse na esgrima en cadeira de rodas, especialidade que espera incorporar a Compostela Esgrima, o club santiagués do que é fundador e presidente e no que adestran máis de 60 deportistas de todas as idades.