Aberto o prazo de solicitude 2017 de Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN)
Dende a Secretaría xeral para o Deporte recordamos que se inicia un novo prazo para poder solicitar o recoñecemento de DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN) durante todo o vindeiro mes de xuño.
Agradecemos que colaboredes na tramitación das certificacións que vos solicitarán os interesados en ser recoñecidos e que deberán presentar:
- Modelo de solicitude cuberto con tódolos datos do interesado/a, asinado na parte inferior esquerda polo deportista ou polo seu titor se é menor de idade.
- Unha vez cuberta dita solicitude, o presidente ou secretario da federación correspondente asina e sela dita solicitude.
- A federación expedirá unha certificación de posesión de licenza vixente dende polo menos o 1 de xaneiro do ano 2016.
- Os interesados presentarán fotocopia de DNI.
- Certificado do padrón de veciñanza administrativa.
As solicitudes poden presentarse en calquera edificio administrativo de cada unha das provincias galegas, ou na
Escola Galega de Administración Pública, EGAP
Rúa Madrid 2-4 (2ª planta)- 15781
Santiago de Compostela
Documentación
Xuntamos a normativa reguladora do procedemento, o modelo de solicitude e a última publicación no DOGA de deportistas recoñecidos e a vixencia.
- DGAN – Impreso de Solicitude
- DGAN – Resolucion 3/03/2017
- DGAN – Orde do 30/05/2005
- DGAN – Decreto 6/2004