Aberto o prazo de solicitude Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN)
Ao longo do mes de novembro na Secretaria Xeral para o Deporte, ou nos servizos provinciais ou por correo, poderase remitir a solicitude para acualificación de deportista galego de alto nivel e o aceso os programas de beneficios dirixidos a estes.
Os deportistas que queiran ser recoñecidos como Deportistas de Alto Nivel deben:
- Estar empadroados nun concello galego.
- Ter máis de 16 anos.
- Ter licenza deportiva expedida por unha federación galega dende antes do 1 de xaneiro do ano anterior ao de presentación da solicitude.
- Non estar cumprindo sanción disciplinaria deportiva ou administrativa en materia deportiva.
- E acreditar o nivel deportivo esixido na modalidade que practique.
Documentación a presentar :
- A solicitude orixinal, (Que se descarga mais abaixo, ver onde pon : Modelo de solicitude Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN)), que debe vir asinada polo interesado e tamén selada e asinada pola Federación, debe presentala entre o 1 e o 30 de xuño ou durante todo o mes de novembro na Secretaria Xeral para o Deporte ou nos servizos provinciais ou por correo.(Neste caso é importante que na solicitude figure o selo de correos coa data na que foi enviada). Non terá validez enviala por fax ou por correo electrónico.
- Fotocopia do DNI.
- Certificado orixinal de empadroamento nun concello galego.
- Certificado orixinal de ter licenza deportiva expedida pola federación galega que corresponda dende antes do 1 de xaneiro do ano anterior ao de presentación da solicitude.
Os beneficios dos que gozan os e as Deportistas Galegos de Alto Nivel refírense ao eido educativo, ao laboral e ao económico. No ámbito educativo resérvanse unha porcentaxe de prazas nos estudos universitarios e de formación profesional, sen necesidade de obter una nota de corte, e tamén coa dispensación do cumprimento de requerimentos deportivos para o acceso ás titulacións de técnicos deportivos. No terreo laboral, a condición de Deportista Galego de Alto Nivel considérase un mérito avaliable nas probas de selección de prazas relacionadas coa actividade deportiva e convocadas polas administracións públicas. No aspecto económico pódese establecer un programa específico de axudas económicas para os e as Deportistas Galegos de Alto Nivel que cumpran os requerimentos deportivos que se soliciten nunha determinada convocatoria.