O equipo multidisciplinario e o deportista de alto rendimento II
Calendario
SETEMBRO-DECEMBRO | XANEIRO-XULLO | |
Período | Precompetición | Competición |
1.- Técnico | Incídese sobre a formación técnica e o desenrolo e perfeccionamento de habilidades e aptitudes | Incídese na formación técnico-táctica, mantenimento técnico e preparación ao asalto |
2.- Físico | Incídese sobre a potenciación muscular e os exercícios de preparación física global | Traballo de velocidade e velocidade de reacción |
3.- Fisioterapéutico | Valoración das alteracións da estática e secuelas de lesións. Tratamentos específicos das mesmas | Control do repouso, técnicas de con tención e tratamentos de lesións |
4.- Psicolóxico | Valoración do estado psíquico, actitudes, posibilidades, expectativas, motivación, etc… | Control do estado psicolóxico, técnicas de relaxación, mantimento de motivacións, etc… |
5.- Social | Valoración de factores sociais e familiares, influencia do medio entorno, situación futura, etc. |
- Técnicamente:
Tras un período de formación técnica específica, arredor de cinco ou seis anos, é cando podemos considerar que se inicia a madurez dun esgrimista, sendo a partir deste momeno cando un tirador de alto nivel se somete a un entrenamento para a competión. Entrenamento que será deseñado por anos ou períodos olímpicos.
- Durante o período de precompeticion preténdese manter e perfeccionar a tecnica a base da repetición de conductas: desprazamentos, man e man-desprazamentos, sempre desde unha perspectíva de técnica pura e de técnica da táctica.
- Durante o período de competición incídese sobre a táctica de asalto, desnrolándose o ataque e a defensa en tempo, a segunda intención, etc.
- Na propia competición a presencia do técnico é evidente para realizar o apoío global que o tirador necesita.
- Físicamente:
- No período de precompetíción persíguese a adquisición de forza muscular traballo de resistencia progresiva de pesas principalmente nos grupos paravertebrais-cuadríceps, isquiotibiais-abdominais) e de resistencia (circuitos).
- No período de competición persíguese un incremento da velocidade e velocidade de reacción (series curtas) e mantimento da resistencia.
- Físioterapeuticamente:span>
- Temas como referentes ás alteracions da estática corporal por hemilateralidade e as suas consecuencias (alxias vertebrais, contracturas, desviacións do raquis), lesións musculares específicas tendiosas (como as epiconilitis e epitrocleitis), de cadeira (como ós addutores) deben, ainda que dificilmente, preverse e situarse no contexto xeral de entrenamento e competición anual.
- No transcurso da precompetición oactuaremos desde unha perspectiva de valoración, control e tratamento:
- Valoración de estática (actitudes escolioticas pola hemilateralidade).
- Valoración de lesións e secuelas.
- Tratamento específico individual sobre a problemática que presenta cada suxeito (corrección de actitudes escolióticas, cifolordóticas, potenciación da muscula-tura paravertebral con maior incidencia nos sectores non dominantes co fin de compensar hipertrofias do contrario).
- No transcurso activo de competición, a actuación sobre os factores enumerados con anterioridade son de menor importancia, centrándose máis a atención sobre o campo preventivo e curativo e recuperador de lesións, xa que é aquí onde se producen pequenas ou graves lesións que por abandono ou mal tratamento poden dar lugar a secuelas irreversíbeis que acaben precozmente coa vida deportiva do tirador. Por iso podemos incidir sobre o control do repouso co fin de evitar que un excesivo desexo de rendimento poida dar lugar a cargas por sobreentrenamento (para iso, podemos facer uso de desfatigantes neuromusculares tales como a sauna ou os baños de ozono). O utilización das contencións permítennos o entrenamento con certo grau de lesión. 0 ultrasonido, os infrarroxos, a masoterapia e en xeral calquera das técnicas fisioterapáuticas coñecidas sérvennos para compensar os efectos negativos da competición.
- Por último, a actuación na propia competición deberá ser a lóxica:
- Antes da competición, vixilar e axudar na colocación de vendaxes, contencións, etc. Aconsellar sobre calzado, roupa de protección, etc.
- Na propia competición, intervención nos casos de lesión, (contencións, inmovilizacións)
- Posteriormente á competición, o baño relax, a masaxe ou sauna, poden rebaíxar o gran estado de excitabilidade no que se atopa o deportista.
- Psicoloxicamente:
Para canalizar a actuación conxunta de todos os técnicos, adaptándose ao sistema de competición e analizando numerosas variábeis persoais e sociais do deportista, a intervención psicolóxica ó fundamental.
- No período de precompetición: valoración, control e tratamento específico de alteracións.
- Valoración de capacidades, personalidade e de actitudes.
- Formación en determinadas técnicas de autocontrol.
- No período de competición: seguímento constante dos casos que presentan determinados desaxustes e intervencións específicas.
- Socialmente:
0 deportista de Alta Competición, desde o punto de vista social ten ofrecido os mellores anos da súa vida dedicando tempo e esforzos en duros entrenamentos, competicións, records, etc. podendo atoparse quizá ao final do seu traxecto deportivo sen ter desenrolado outro tipo de actividade. Planificar o futuro profesional do deportista no contesto social é outra das actividades que pode ofrecer o equipo multiprofesional. Nalgúns casos a vocación pedagóxica deste deportistas pode verse satisfeita levando as suas experiencias, coñecementos e profesionalidade ao campo da ensinanza e investigación deportiva.